Ver en: Chinés (zh_CN) | Italiano | Español | Inglés (orixinal) | AsturianoTranslations available for: Asturianu (ast) | Bulgarian (bg) | Deutsch (de) | Ελληνικά (el) | Español (es) | Galego (gl) | Italiano (it) | Nederlands (nl) | Русский (ru) | 简体中文 (zh-CN) | 正體中文 (zh-TW)
Table of Contents | ||
---|---|---|
|
Cuestións xerais
Apache OpenOffice 4.0 xa está dispoñíbel para descargar desde a páxina oficial de descargas. Baseándose no grande éxito da versión OpenOffice 3.4, que tivo máis de 57 millóns de descargas, esta anovación principal vén con novas e interesantes funcionalidades, melloras e correccións de erros. OpenOffice 4.0 presenta una innovadora interface de usuario nova como a Barra lateral, dispoñibilidade en 22 idiomes (con 3 novas linguas), 500 correccións de erros, mellor interoperabilidade con Microsoft Office, melloras nos debuxos/gráficas, Un mellor rendemento, etc. Pode saber máis detalles sobre isto nas seguines notas desta edición.
...
Tamén estamos en Twitter, Facebook e Google+.
Código aberto da comunidade
En Apache traballamos de forma transparente como unha comunidade aberta de voluntarios. Desenvolvemos software de código aberto para beneficio do público. Non pedimos colaboracións monetarias. Máis se ten interese en unirse a nós, para crear a nova gran edición de OpenOffice, queremos saber de vostede. Non só somos programadores, senón unha comunidade de xente que fai probas, deseñadores de interface, deseñadores web, escritores técnicos, expertos en accesibilidade, tradutores, expertos en medios sociais, etc. Dáselles a benvida a todos os voluntarios de todas as áreas. Pode atopar máis información en Get Involved (en inglés).
Novas características e melloras
Nova Barra lateral
A Barra lateral é unha nova característica principal da interface de usuario e todos os aplicativos da OpenOffice.
A Barra lateral aproveita mellor a utilización das largas pantallas actuais que as barras de ferramentas tradicionais. O panel «Propiedades» é sensíbel ao contexto e amosa paneis coas propiedades do documentos que se utilizan con máis frecuencia nas tarefas de edición que se realizan.
...
Pode atopar máis información no wiki de OpenOffice.
Melloras na interoperabilidade
As melloras na fidelidade e interoperabilidade é un obxectivo continuo de Apache OpenOffice. E hai moitas melloras incluídas na nova versión. Este é un resumo dalgunha das principais melloras na fidelidade desde a edición Apache OpenOffice 3.4.1, o que inclúe tanto características como aprimoramentos, como arranxos de defectos.
Documentos de texto
Descrición | Orixinal | AOO 3.4.1 | AOO 4.0 |
---|---|---|---|
Compatibilidade con viñetas gráficas de MS word 2003 |
|
|
|
Más fidelidade con táboas de MS Word 2003 (lapelas, atributos e saltos...) |
| i |
|
Referencia en marcadores a numeración normal |
|
| Documentos!http://wiki.openoffice.org/w/images/d/d9/120759_Aoo40.jpg! |
Atributos de numeración e viñetas determinadas pola marca de fin de parágrafo de MS Word |
|
|
|
Documentos de presentación
Descrición | Orixinal | AOO 3.4.1 | AOO 4.0 |
---|---|---|---|
Manter unha numeración especial ao gardar ou abrir un ficheiros ppt |
|
|
|
Capacidade de exportar o mosaico especial de recheo (o tamaño da imaxe cobre a páxina mestra), de fondo ppt |
|
|
|
O atributo de rcheo de fondo gráfico da táboa pódese ver correctamente ao cargar o ficheiro ppt |
|
|
|
Permite un indicador de conexión conectado a unha táboa PPT |
| error en AOO 3.4.1 |
|
A frecha con corte á dereita coa propiedade «Axustar forma ao texto» pódese importar correctamente |
|
|
|
Manter os efectos 3D ao importar as liñas |
|
|
|
Documentos de folla de cálculo
Descrición | Orixinal | AOO 3.4.1 | AOO 4.0 |
---|---|---|---|
Mater a altura da gráfica de torta ao abrir un ficheiro Excel |
|
|
|
Admitir o intervalo especificados por unha fórmula de referencia ou un nome de intervalo dps datps da gráfica |
|
|
|
Ver o nome da gráfica a través da API VBA ao premer un botón |
|
|
|
Compatibilidade coa función de filtro de datos nas celas fusionadas |
|
|
|
Compatibilidade co código de formato definido polo usuario en xls cando o valor da cela é VERDADEIRO ou FALSO |
|
|
|
Compatibilidade co GETPIVOTDATA de Excel |
|
|
|
Admite o código de formato "0_;.00" |
|
|
|
OOXML xeral
Descrición | Orixinal | AOO 3.4.1 | AOO 4.0 |
---|---|---|---|
Compatibilidade co nivel de esquema de Docx |
|
|
|
Admitir a cor de fondo de táboa do estilo de táboa nun documentos docx |
|
|
|
Admitir máis tipos de numeración e viñetas en docx |
|
|
|
Compatibilidade coa cor de letra dunha táboa en pptx |
|
|
|
Melloras e ampliacións en DrawObject
Nova paleta de cor
A paleta de cor mellorouse e ampliouse cunha selección de cores máis práctica, disposta nun novo esquema que permite atopar cores máis simple.
A nova paleta é unha mestura entre a paleta de Lotus Symphony e cores orixinales máis usables.
Novos gradientes
Melloráronse e ampliáronse os gradientes, con outros novos, máis prácticosl, tomados principalmente de Lotus Symphony. Consérvanse os antigos conservense, pero desprazados ao final da lista (non se ven na imaxe). Estes gradientes crean recheos moito máis elegantes para utilizar como fondos de presentación.
Novos temas e ampliacións da Galería
Temas da Galería engadidos de Symphony.
- Frechas
- Viñetas (estendidas)
- Computadores
- Diagramas
- Ambiente
- Finanzas
- Xente
- Escola e Universidade
- Símbolos
- Formes de texto
- Transporte
Ampliacións da Galería existente
- Os temas antigos mantéñense e algúns amplíanse
- A Galería agora pode gardar e utilizar gráficos SVG
- Moitas imaxes novas teñen agora o formato SVG, o que aforra espazo no computadore e dálle ao usuario un formato vectorial da maior calidade
- Capacidade para engadir gráficos SVG e de formato vectorial Metafile
- Agora poden orientarse horizontalmente e verticalmente e adaptarán o seu deseño automaticamente
- Agora está dispoñíbel en calquera momento na barra lateral
Refinado da interface de usuario dos manipuladores de selección
- O manipuladores de selección repensáronse para ser máis distinguíbeis.
- Engadiuse unha transparencia para dar un pequeno aviso cando os manipuladores cobren algo, pero só para o recheo do manipulador (non o bordo) para non facelos difíciles de ver cando se necesiten.
- O deseño redondeouse llixeiramente.
- Axustáronse as cores un pouco para unha mellor identificación (sobre todo cando se seleccionan os manipuladores).
- Ao moverse co teclado sobre os manipuladores (CTRL-TAB), os manipuladores amarelos utilizados para formas personalizadas fanse intermitentes coma outros manipuladores para visualizar o manipulador activo correctamente.
Visualización refinada da selección
- En moitas ocasións a selección de obxectos ou de obxectos múltiplos mellorouse utilizando a cor da selección do sistema.
- A utilización e captura desa cor de selección do sistema unificouse para para garantilo para todas as seleccións en todos os sistemas.
- Engadiuse unha pequena intermitencia para identificar los obxectos onde pode engadirse texto comezando a escribir ou premendo retorno.
Isto utilízase en varios lugares como; obxectos no modo de edición de texto, realzado de obxectos como ao realizar manipulacións de arrastrar e soltar (antes utilizábanse liñas de raias brancas e negras).
Mellor visualización de impresión
A visualización do diálogo de imprimir está agora completamente suavizada. A versión anterior aínda non era así e as liñas miúdas podían desaparecer ou producirse partes perdidas.
Conversión mellorada de gráficos a mapa de bits
A conversión a gráficos de mapa de bits mellora grandemente en todo tipo de gráficos, o que inclúe gráficos OLE e outros. Isto é útil non só para a conversión interna de obxectos en mapas de bits senón tamén para exportar a eses formatos e ao portapapeis do sistema. A transparencia do obxecto e o suavizado dos seus bordos son perfectos agora.
Tipo de recheo 'Bitmap' mellorado
Todos os obxectos de debuxo que poden ter un recheo de mapa de bits agora poden aproveitarse de novo e mellorouse moito o tipo de de recheo de mapa de bits:
...
Pense nas posibilidades para encher os fondos das páxinas, bases de diagramas e outros elementos. Esto utilizará datos vectoriais ao imprimir ou ao exportar a PDF.
Copiar/Pegar perfeccionado
Todos aplicativos permiten agora versións transparentes e suavizadas de, por exmplo, obxectos de debuxo da selección para intercambiar con aplicativos externos. Este é o resultado da conversión mellorada a mapa de bits e de engadir o formato de gráficos PNG aos formatos admitidos no portapapeis.
...
Agora é posíbel Copiar/Pegar calquera obxcecto nun aplicativo externo a PixelGraphic, modificalo como faga falta e volvelo copiar en calquera aplicativo de OpenOffice sen perdad ee calidade. Isto permite unha edición doada e completa de imaxes fóra da OpenOffice coa ferramenta que queira e as capacidades que necesite.
Arrastrar e soltar perfeccionado
A función de "Arrastrar e soltar" mellorouse cun modo 'interno'. Agora pódese arrastrar e soltar calquera cousa 'dentro' dun obxecto Draw existente para cambiar o seu estilo gráfico ou o seu recheo ao premer Ctrl-Maiúscula (Ctrl-Cmd en Mac) mentres se arrastra e solta.
...
- Pódese utilizar a galería como espazo de almacenamento para os seus obxectos de debuxo ou obxectos gráficos.
- Pódese directamente arrastrar e soltar desde alí cara un obxecto de debuxo.
- Pódese arrastrar e soltar desde fontes externas cara obxectos de debuxo.
Adaptar o comezo/fin de liña ao largo da liña
Resulta cómodo que cando se modifique o largo da liña dun obxecto con puntas de frecha definidas ao comezo e fin, as puntas de frecha utilizadas adáptanse ao cambio de largo de liña en lugar de ter que facelo manualmente. Xa era así en Draw e Impress pero agora está unificado e funciona en todos os aplicativos de OpenOffice.
Melloras na exportación a SVG
Engadíronse melloras na exportación a SVG para atallar certas perdas de calidade. Están planeadas outras melloras neste campo para versións futuras.
Melloras na división de SVG/Metafiles
Ao editarse un SVG/metafile importado, é necesario dividilo en obxectos de debuxo. Este código mellorouse nesta versión. Están planificadas máis melloras nesta área en futuras versións.
Melloras na importación de SVG
Fixéronse melloras e arranxos no código de importación de SVG. Grazas a todos os usuarios que informaron de problemas e achegaron documentos de proba para SVG. Se ten un ficheiro SVG que se ve distinto de como debería, non dubide en axuntalo a un informe de erro no Bugzilla d'Apache OpenOffice.
O modo de recorte de imaxe ofrece unha visualización previa
Ao traballar nun obxecto gráfico permítese definir unha rexión de recorte para o el. Ao usar o modo interactivo para facelo, a nova versión amosa a parte que non é visíbel do gráfico (a parte recortada) como transparente e a rodea dun bordo fino. Desta maneira, xa non ten que adiviñar onde está a parte recortada ou como é de grande.
Este exemplo amosa un recorte nun gráfico SVG:
Vista unificada dos diálogos da paleta de cor
Todos os lugares onde aparece un diálogo de paleta de cores (o formulario onde se organizan as cores nunha cuadrícula) redeseñáronse para que usen os mesmos tamaños e largos. O largo (12 columnas) adaptouse á paleta de cor deseñada de novas. Para unha imaxe vexa «Nova paleta de cor»
Dispoñibilidade de transparencia para os formatos de píxel (PNG)
Ao exportar os obxectos de debuxo seleccionados a formatos con transparencia como p.ex., PNG, OpenOffice agora usa un fondo transparente de modo predeterminado. Esto permite un maior uso de gráficos creados con outros aplicativos ou usar este para un procesamento máis avanzado.
O conectores admiten a rotación
Os conectores xa non desactivan as ferramentas de rotación ou deformación cando están seleccionados. Mentres que isto é un pequeno beneficio con conectores únicos, resulta no entanto moi útil cando se selecciona un certo número de obxectos gráficos e se quere xiralos. Isto pediuse no Foro da comunidade OpenOffice, porque un usuario quería xirar 90 graos un debuxo formado por obxectos de debuxo e moitos conectores. Agora esto é posíbel sen o inconveniente de deseleccionar todos os conectores.
Vista correcta do estilo de patrón de recheo
Ao ampliar e minguar vista pequenas (p.ex. vistas previas de páxina) os obxectos ou páxinas que usen un estilo de patrón de recheo víanse mal porque aparecían demasiadas liñas nunha pequena área. O estilo patrón de recheo utiliza agora unha distancia mínima entre liñas para que se vexa ben nas visualizacións e nas vistas de edición. Isto tamén sucedía nas versións antigas de OpenOffice pero perdeuse no redeseño da visualización.
Mellor comportamento dos gradientes nos metaficheros
Os gradientes dos metaficheiros xíranse e defórmanse (inclinación) xunto co metaficheiro e desta forma compórtanse de modo moi semellante aos gráficos de mapa de bits. As cores de principio e fin inclúen agora eses gradientes. Esta mellora faise visíbel se usa un pequeno número de pasos de gradiente. Todos os gradientes aparecen agora no modo de presentación igual que se amosan no modo de edición.
Melloras en Calc e Chart
Dispoñibilidade de altura relativa en gráficas de torta:
Nas gráficas de torta importadas doutros formatos, o atributo de altura non era compatíbel. Engadiuse agora e fai que as gráficas de torta se parezan máis ao orixinal.
Novas funcións
Calc agora é compatíbel coas funcións de fóra de cálculo: AVERAGEIFS, COUNTIFS, y SUMIFS. Estas funcións permiten combinar varias condicións.
...
Reimplementouse a fución de Calc RAND para utilizar o algoritmo Mersenne-Twister.
Melloras nas extensións
Nova xestión da barra de ferramentas
As extensións agora utlizan unha nova xestión da barra de ferramentas, vexa https://issues.apache.org/ooo/show_bug.cgi?id=121577 ; de momento, as extensións para a versión 3.x que utilicen o mecanismo anticuado terán que se actualizar para funcionar con OpenOffice 4.0. Moitas das extensións populares, incluíndo os dicionarios non están afectadas por este cambio.
API de menú unificada
A API de menú unificouse, facéndoa máis clara e amizosa para o usuario. As seguintes interfaces quedaron anticuadas e substituíronse: css.awt.XMenuExtended, css.awt.XMenuExtended2, css.awt.XMenuBarExtended, css.awt.XPopupMenuExtended. Vexa https://issues.apache.org/ooo/show_bug.cgi?id=121542#c2 para os detalles.
Nota: animamos a que os autores de extensións que necesiten máis información sobre os cambios anteriores fagan as súas consultas na nosa lista de correo da API.
Melloras no rendemento
Corrixíronse moitas perdas de recursos.
Corrixíronse moitas perdas de recursos, minorando os requisitos de memoria e mellorando a estabilidade do aplicativo.
Aceleración da representación gráfica
Utilízanse máis aceleracións gráficas (nos sistemas que o permiten, dependentes do sistema)
...
Por exemplo, isto permite usar mesmo GIF animados como estilo de recheo de obxecto para calquera obxecto e transformalos en tempo real (cando o sistema o permite). Tamén mellora notablemente a xeometría da visualización durane a edición (nas vistes de edición) cuando son compatíbeis.
Dispoñibilidade de máis linguas
As novas traducións dispoñíbeis en Apache OpenOffice 4.0 inclúen:
...
Nota: Hai máis traducións de idiomas en curso que se publicarán cando estean dispoñíbeis. Se o seu idioma non está na lista de arriba e quere axudar a traducir a interface de usuario, son benvidos toda clase de voluntarios.
Ferramentas de xestión de calidade perfeccionadas
Nueva infraestructura de pruebes automatizaes
Apache OpenOffice 4.0 ten unha nova infraestructura de probes automatizadas baseada en JUNIT que fai probas nes áreas
- BVT (Basic Verification Tests)
- FVT (Functional Verification Tests)
- PVT (Performance Verification Tests)
- SVT (System Verifcation Tests)
Cambios con impacto na compatibilidade con versións anteriores
Desactivado o módulo binfilter
Xa non se lerán ou escribirán os antigos ficheiros en formato StarOffice (ficheiros con extensións .sdw, .sdc, .sdd, etc.). A retirada deste código fai máis sinxelo de manter o código base de OpenOffice. Os formatos antigos xa nunca foron o formato predeterminado en ningunha versión de OpenOffice. Aconséllase que os usuarios que teñan documentos de StarOffice volvan gardalos en formato ODF (.odt, *.ods, *.odp, etc.) *antes de actualizar a Apache OpenOffice 4.0. Esto pódese facer utilizando o Ficheiro - Asistentes - Converter documento en OpenOffice 3.x Os ficheiros de OpenOffice 1.x (*.sxw, *.sxc, *.sxi) aínda son compatíbeis.
Actualización da compatibilidade de Python
PyUNO agora é compatíbel co último C-Python 3.x pero para aminorar o impacto nos aplicativos existentes, mantense a dispoñiblilidade de C-Python 2.x que segue a ser predeterminada. O Python interno, que utilizan de modo predeterminado nas versións para Windows e MacOS-X, actualizouse agora coa version 2.7.5 que arranxa centos de erros e ten importantes melloras de rendemento pero aínda é compatíbel coas versións anteriores. Os scripts existentes poden necesitar axustes menores pero seguirán funcionando normalmente igual ca ata agora.
Compatibilidade de pal C++ STL do sistema
A biblioteca de modelos stlport4 quedou anticuada co informe TR1 do estándar C++ e quedou anticuada e sen mantemento. Apache OpenOffice 4 cambia á biblioteca de modelos estándar nativa do sistema, de modo que as extensións escritas en C++ necesitan ser recompiladas co SDK de Apache OpenOffice 4.
Seguimento de erros
Para o 17 de xuño de 2013 había 498 problemas comprobados que estaban resoltos.
...
(Unha conta en OpenOffice Bugzilla permitiralle buscar os erros que lle poidan interesar.)
Fixéronse importantes arranxos de erros nestas áreas:
Restaurouse a compatiblidade con Java 7, e Java Access Bridge v2.0.3 implementado en JRE 1.7u6 e posteriores. Os usuarios do SO Windows que necesiten capacidade de accesibilidade para ferramentas de tecnoloxías de asistencia agora poden usar as versiónss de Oracle actuais de Java SE 7 Runtime Environment e a API Java Accessibility en Windows.
O equipo de control de calidade está seguindo máis arranxos. Vexa os informes completos en :
http://wiki.services.openoffice.org/wiki/QA/Report/WeeklyReport
Problemas coñecidos
- Apache OpenOffice 4.0.0 estará marclado polo novo servizo Gatekeeper en Mac OS X Mountain Lion. Esta é unha nova característica que axuda a protexerse contra software malicioso nos sistemes Mac. Hai un procedemento explicado na seguinte ligazón para permitir executar aplicacións non instaladas desde a Mac App Store. Vexa o artigo en Mac support en http://support.apple.com/kb/HT5290.
...
- Apache OpenOffice 4.0.0. ten unha nova paleta de cor. Se migrou os "datos persoais" desde unha versión anterior, tamén se migróu a paleta de cor antiga: non verá a nova paleta e (se está a utilizar unha versión que non está en inglés) dalgúns nomes de cor aparecerán soamente en inglés. Para ter a nova paleta, cerre Apache OpenOffice e o seu inicio rápido, busque o ficheiro “standard.soc” no seu cartafol de usuario de Apache OpenOffice e cámbielle o nome do ficheiro, como “standard_AOO341.soc” por exemplo. No seguinte inicio de Apache OpenOffice a nova paleta de cor transfírese ao seu cartafol de usuario e estará dispoñíbel.
Actualización/Instalación
Ao instalara Apache OpenOffice 4.0.0 nun computador que xa teña OpenOffice 3.4.1 ou 3.4.0 instalado, preguntaralle ao usuario se quere mirgrar os "datos persoais" da versión anterior á versión nova. Isto inclúe a información como palabras personalizadas do corrector ortográfico, dicionarios, extensións, etc. Esta migración está activada de modo predeterminado pero o usuario pode desactivala coa caixa de comprobación.
...
Para máis información sobre a actualización/instalación, lea a Guía de instalación.
Seguir informado sobre Apache OpenOffice
Recomendamos que se subscriba á lista de correo de anuncios de Apache OpenOffice para recibir avisos importantes, como actualizacións do produto e parches de seguranza. Para subscribirse pode enviar un correo a: announce-subscribe@openoffice.apache.org.
...